¿Cómo facer unha alegación oficial contra proxectos perxudiciais para o medio ambiente?

Ene 27, 2025 | Acción Comunitaria, Desarrollo Sostenible

Algunha vez te planteaches facer unha alegación oficial contra un proxecto industrial ou empresarial que perxudicaría a túa contorna e estragaría o noso medio ambiente?

Nós si!! O caso é que non resulta nada sinxelo (alomenos facelo na sede electrónica da Xunta de Galicia).

Os prazos para presentar as alegacións son curtos e, para que a entrega sexa oficial e válida, é necesario depositar cada documento no formato especificado e adecuado para ese fin…

Como últimamente están tendo lugar moitas tentativas de proxectos que van en contra da saúde ambiental galega (e que non benefician as comunidades locais), decidimos investigar un pouco para facilitarnos a todas o proceso de alegacións oficiais na sede electrónica da Xunta de Galicia.

¿Qué vías temos para presentar unha alegación oficial contra proxectos perxudiciais para o medio ambiente?

 En principio, temos moitas vías diferentes para presentar as nosas alegacións oficiais. O que non está demasiado claro é o xeito correcto de presentalas, pois se a alegación non é tramitada de maneira correcta perde a súa oficialidade.

A nós gústanos bastante o formato electrónico, así que decidimos elaborar unha pequena guía que mostre cómo presentar unha alegación oficial na sede electrónica da Xunta de Galicia. Como somos unha cooperativa que traballa para o benestar das persoas e do medio ambiente, queremos facilitar que entreguedes correctamente tódalas alegacións oficiais que os peten contra proxectos que perxudican o noso medio ambiente.

Tramitar alegacións na sede electrónica da Xunta de Galicia

Aquí comezamos o noso proceso.

O primeiro requisito é poder entrar na túa sede electrónica por medio do Chave 365, DNI electrónico,  certificado dixital ou clave. Premendo neste enlace.

Interfaz persoal da Sede electrónica da Xunta de Galicia

IMPORTANTE!! Presta atención á diferenza entre os Modelos Xenéricos e a Solicitude Xenérica

Para que a túa alegación sexa oficial e válida, debes asegurarte de usar os modelos preestablecidos para cada procedemento concreto.

As alegacións contra proxectos medioambientais non teñen un procedemento preestablecido. Por tanto, deben realizarse a través dunha Solicitude Xenérica. PEEEERO, si existe un Modelo Xenérico para presentar a alegación e, por tanto debes utilizalo. Chámase Alegación 🙂

¿Cómo cubrir o documento Modelo Xenérico Alegación de maneira correcta?

O documento Alegación é un pdf que podes cubrir online. De feito, podes descargalo aquí: Alegacions_doc_oficial.

No caso de alegacións contra proxectos sometidos a información pública e en periodo de alegación, sucede que varios apartados poden quedar en branco, pois non hai un código de procedemento nin un expediente aberto previamente.

O que sí é importante é que cubras os teus datos e espeficiques a documentación que vas a anexar para reforzar a túa alegación.

Non esquezas firmar e poñer a data neste documento.

Agora que xa tes listo o teu documento de Alegación oficial, podes tramitar a túa solicitude xenérica para alegar contra o proxecto perxudicial para o medio ambiente ou a comunidade local no seguinte paso.

¿Cómo rematar o proceso de Alegación oficial na sección de Solicitude Xenérica?

Para depositar correctamente a túa alegación oficial vas precisar dos seguintes pasos:

Cubrir o modelo de solicitude xenérica.

É un proceso aburrido, e case repetido no paso anterior, pero necesario. Neste intre, é importante que prestes atención ao paso seguinte.

Escribir correctamente o nome da documentación que vas adxuntar.

Seguramente teñas documentación adicional, de investigación ou elaborada por asociacións en defensa do medio ambiente que queiras facer constar na túa solicitude. Este é o momento de aportalas. Pon atención en dous aspectos fundamentais:

  • Convén que os nomes que escribas nesta listaxe se correspondan e ilustren o contido dos arquivos que vas adxuntar, e tamén que manteñas o mesmo nome en cada paso do proceso.
  • Non esquezas incluir o documento oficial de alegación que cubriches no apartado anterior.

Continúa o proceso seguindo as instruccións da sede electrónica

Se chegaches ata aquí, enhoraboa!!

Pasaches a fase mais complicada, seguramente non teñas problemas no proceso de anexar documentación, firmar electrónicamente e enviar a túa alegación.

Coma sempre, na fase de anexación tes que escribir primeiro o nome dos arquivos que vas a aportar (na columna da esquerda) e subir o documento despois (na columna da dereita).

E moitas grazas, confiamos plenamente no teu activismo ambiental e comunitario.

Compartir es Vivir